Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 2 de outubro de 2012 Páx. 37922

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 18 de setembro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, pola que se notifica a Cide HC Energía, S.A.U. o emprazamento para comparecencia no recurso contencioso-administrativo interposto por Ramón Mira Turnes contra a Resolución desta consellería do 13 de xaneiro de 2012, pola que se desestima o recurso de alzada deducido contra outra do 9 de marzo de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, na cal se desestima a reclamación interposta polo dito recorrente contra as empresas Cide HC Energía, S.A.U. e Electra do Foxo, S.L. por desconformidade coa facturación de enerxía eléctrica.

Tentada por dúas veces a notificación no último domicilio coñecido e após ser devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio desta cédula comunícase a Cide HC Energía, S.A.U. que está sendo tramitado o recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado número 75/2012, no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 4 da Coruña, interposto por Ramón Mira Turnes contra a Resolución desta consellaría do 13 de xaneiro de 2012 pola que se desestima o recurso de alzada deducido contra outra do 9 de marzo de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, na cal se desestima a reclamación interposta polo dito recorrente contra as empresas Cide HC Energía, S.A.U. e Electra do Foxo, S.L. por desconformidade coa facturación de enerxía eléctrica, co fin de que poida comparecer, se o considerar oportuno, perante o dito xulgado, no prazo de nove días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2012

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria