Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 2 de outubro de 2012 Páx. 37921

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello da Fonsagrada (expediente IN407A 2012/51-2, 8020 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: rúa Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: modificado ampliación da subestación A Fonsagrada 132/20 kV novo transformador 132/20 kV e sistema de 20 kV.

Situación: concello da Fonsagrada.

Características técnicas: substitución do transformador de 12 MVA 132/20 kV autorizado no expediente 7254-AT por un de 20 MVA 132/20 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 21 de setembro de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo