Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 2 de outubro de 2012 Páx. 37920

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2011, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2011/69-2, 7907 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Vilares Lugo, S.L.

Domicilio social: San Roque, 59, entrechán B, 27002 Lugo.

Denominación: liña de media tensión 20 kV e CT 100 kVA.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

LMTS a 20 kV, con orixe no apoio de seccionamento do CT Conturiz 1, alimentado pola LMT Nadela-Sub. Mercedes e final no CT proxectado, cunha lonxitude de 328 metros de condutor tipo RHZ-150.

CT de manobra exterior en edificio prefabricado tipo ORMABAT, cunha potencia proxectada de 100 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V, no cal se instalan unha cela de liña e unha de protección.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 19 de outubro de 2011

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo