Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 2 de outubro de 2012 Páx. 37929

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 13 de setembro de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social 2007/0045-0.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, pola presente cédula notifícaselle á empresa relacionada no anexo a resolución recaída no expediente sancionador en materia de seguridade e saúde laboral.

Faise saber que contra ela cabe formular recurso de alzada, no prazo dun mes, contado desde a súa publicación, ante a conselleira de Traballo e Benestar, de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2012

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Empresa: Metal Fh Rosal, S.L.

Enderezo: Barro-A Cumieira de Abaixo, s/n. 36778 O Rosal. Pontevedra.

Expediente: 2007/0045-0.

Acta de infracción: 769/2007/4/H.

Data da resolución da dirección xeral: 25 de xuño de 2012.

Preceptos infrinxidos: artigo 27 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, artigo 1.f) do Decreto do 26 de xullo de 1957, sobre traballos prohibidos a mulleres e menores por perigosos e insalubres e artigos 14.1, 15.1.a) e d), 15.2 e 17.1 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, e artigo 3.1 e 3.4 do Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, en relación co disposto no seu anexo II, 1.1, 1.7 e 1.8.

Preceptos sancionadores: artigo 13.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Sanción imposta: 0 €.