Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 26 de setembro de 2012 Páx. 37374

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 12 de setembro de 2012, do Servizo de Turismo de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de incoación do expediente sancionador número PO-S-56/2012, por infracción administrativa en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que se cita a seguir o acordo de incoación do expediente sancionador en materia de turismo número PO-S-56/2012, ditado pola Xefatura do Servizo de Turismo de Pontevedra, por infracción administrativa da Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia, modificada pola Lei 1/2010, do 11 de febreiro, de modificación de diversas leis de Galicia para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE, do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro, relativa aos servizos do mercado interior; xa que unha vez intentada polos medios habituais, non se puido efectuar.

Advírteselle ao titular do establecemento denunciado que, de conformidade co artigo 13.2º do Real decreto 1398/1993, para o caso de non efectuar alegacións no prazo de quince días, e tendo en conta que o dito acordo contén un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade que se lle imputa, poderá ser considerado como proposta de resolución.

Expediente: PO-S-56/2012 .

Titular sancionado: José Rodríguez García.

Establecemento: Restaurante Gran Sol.

Enderezo: avda. da Mariña nº 5.

Concello: Vilagarcía de Arousa.

Data de incoación: 21 de xuño de 2012.

Feitos imputados: expulsar as clientas ou os clientes do establecemento, en concordancia coa normativa vixente en materia de espectáculos públicos, cando isto sexa inxustificado consonte esta lei.

Preceptos infrinxidos: artigo 70 h) da Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia.

Sanción proposta: 3.601 euros, de conformidade co establecido no artigo 74.1 b) da Lei 14/2008, do 3 de decembro, de turismo de Galicia.

Pontevedra, 12 de setembro de 2012

Mª Ángeles Herrero Pérez
Xefa do Servizo de Turismo de Pontevedra