Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 26 de setembro de 2012 Páx. 37373

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 7 de setembro de 2012, do Servizo de Turismo de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de incoación do expediente sancionador PO-S-62/2012, por infracción administrativa en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que se cita a continuación o acordo de incoación ditado pola Xefatura do Servizo de Turismo de Pontevedra da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do expediente sancionador en materia de turismo número PO-S-62/2012, por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido efectuar.

Advírteselle ao titular do establecemento denunciado que, de conformidade co artigo 13.2º do Real decreto 1398/1993, para o caso de non efectuar alegacións no prazo de quince días, e tendo en conta que o devandito acordo contén un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade que se lle imputa, poderá ser considerado como proposta de resolución.

Expediente: PO-S-62/2012.

Titular sancionado: José Manuel Rodríguez Queija.

DNI: 22706405-T.

Establecemento: Europa.

Enderezo: avda. de Castelao, 45.

Concello: Vigo.

Data de incoación: 5 de xullo de 2012.

Feitos imputados: negarse a facilitar as follas de reclamacións no momento de seren solicitadas.

Preceptos infrinxidos: artigo 35 da Lei 7/2011, de turismo de Galicia.

Sanción proposta: 900 euros, sen prexuízo do que poida resultar da fase instrutora.

Pontevedra, 7 setembro de 2012

Mª Ángeles Herrero Pérez
Xefa do Servizo de Turismo de Pontevedra