Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 26 de setembro de 2012 Páx. 37372

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (711/2011).

Elena María Varela Luaces, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 711/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Araujo Gómez contra a empresa Katedra Profesional, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte sentenza do 5.6.2012, cuxo ditame é do teor literal seguinte:

«Que estimo a demanda interposta por María Araujo Gómez fronte á mercantil Katedra Profesional, S.L. e, en consecuencia, declaro improcedente o despedimento da demandante e condeno a parte demandada a que opte, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, ou ben por readmitir a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben pola extinción da relación contractual con aboamento dunha indemnización de 1.555,45 euros, en ambos os dous casos con aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a sentenza por importe de 5.676,45 euros, así como os que se devindiquen ata a notificación de sentenza, a razón de 24,79 euros por día.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá interpoñer ante este xulgado no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte o da presente notificación segundo prevé o artigo 189 da Lei de procedemento laboral.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma á mercantil Katedra Profesional, S.L., en paradoiro descoñecido, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2012

A secretaria xudicial