Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 26 de setembro de 2012 Páx. 37370

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (97/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 97/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Gonzalo Rodríguez Baleato, José Ramón Souto Fariña, Gonzalo Pampín Couselo e Natalia Sánchez Lameiro contra a empresa Empanadas Oroso, S.L., sobre ordinario, ditouse sentenza, cuxo ditame di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Gonzalo Rodríguez Baleato, José Ramón Souto Fariña, Gonzalo Pampín Couselo e Natalia Sánchez Lameiro contra a empresa Empanadas Oroso, S.L., e en consecuencia:

1º Debo condenar e condeno a Empanadas Oroso, S.L. a que lle aboe a Gonzalo Rodríguez Baleato a cantidade de 4.083,40 euros por salarios e 222,19 euros en concepto do 60 % da indemnización por despedimento obxectivo.

2º Debo condenar e condeno a Empanadas Oroso, S.L. a que lle aboe a José Ramón Souto Fariña a cantidade de 4.730,60 euros por salarios e 258,93 euros en concepto do 60 % da indemnización por despedimento obxectivo.

3º Debo condenar e condeno a Empanadas Oroso, S.L. a que lle aboe a Gonzalo Pampín Couselo a cantidade de 4.168,90 euros por salarios e 194,80 euros en concepto do 60 % da indemnización por despedimento obxectivo.

4º Debo condenar e condeno a Empanadas Oroso, S.L. a que lle aboe a Natalia Sánchez Lameiro a cantidade de 3.593,80 euros por salarios e 181,17 euros en concepto do 60 % da indemnización por despedimento obxectivo.

En todos os casos as cantidades debidas en concepto de salarios incrementaranse co xuro do 10 % por demora.

Con intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá este sen a consignación previa do importe da condena, que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, nº 47570000, código 36 e número de expediente, máis 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da LRXS. Ambos os dous ingresos deberán efectuarse por separado na mesma conta corrente antes indicada, podendo substituír a empresa o importe da consignación pola constitución a disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Empanadas Oroso, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente.

A Coruña, 3 de setembro de 2012

A secretaria xudicial