Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 25 de setembro de 2012 Páx. 37233

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (665/2011).

Xulgado do Social número 3 da Coruña, r/ Monforte, s/n.

Teléfono: 981 18 51 35/136/137.

Fax: 981 18 51 35.

NIG: 15030 44 4 2011 0003711N81291.

Nº autos: p. oficio autoridade laboral 0000665/2011.

Demandante: Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social.

Avogado/a: avogado/a do Estado.

Demandados: Real Preve, S.L., Georgina Natividad Meno Moronta, Dalva de Oliveira, Modesta Mena Moronta, Kelly Cristina Silva Vidente, María Aparecida Ferreira da Silva, Raquel Mira Solla, Dirce Ponte Neres Cunha Rodrigues, José Manuel Pereira González.

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de oficio autoridade laboral 665/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social contra a empresa Real Preve, S.L., Georgina Natividad Mena Moronta, Dalva de Oliveira, Modesta Mena Moronta, Kelly Cristina Silva Vidente, María Aparecida Ferreira da Silva, Raquel Mira Solla, Dirce Ponte Neres Cunha Rodrigues, José Manuel Pereira González, sobre procedemento de oficio, se ditou a seguinte resolución:

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3, tras ver estes autos sobre procedemento de oficio entre partes, dunha e como demandante, Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social, en cuxo nome e representación comparece o letrado do Estado Andrés Barreiro Teijeiro, e doutra e como demandada, a empresa Real Preve, S.L., que comparece na súa representación o letrado Jesús Raña Vales, e comparece, así mesmo, José Manuel Pereira González, traballador afectado, e as traballadoras Georgina Natividad Mena Moronta, Dalva de Oliveira, Modesta Mena Moronta, Kelly Cristina Silva Vidente, María Aparecida Ferreira da Silva, Raquel Mira Solla e Dirce Ponte Neres Cunha Rodrigues, que non comparecen malia estaren citadas en legal forma.

«Decido:

1. Estimo a acción declarativa de relación laboral interposta pola Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social contra a empresa Real Preve, S.L., e Modesta Mena Moronta, María Aparecida Ferreira da Silva, Georgina Natividad Mena Moronta, Raquel Mira Solla, Dirce Ponte Neres Cunha Rodrigues e José Manuel Pereira González, e declaro que entre a citada empresa e os citados codemandados existía unha relación laboral no tempo da visita da Inspección ao centro de traballo, o 10 de novembro de 2010, e coa antigüidade que, de ser o caso, se recolle no relato dos feitos probados por manifestación dos propios traballadores.

2. Desestimo a acción exercida fronte a Kelly Cristina Silva Vicente e Dalva de Oliveira.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación.

Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o dereito da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030 1846) a nome deste xulgado, co núm. 1533 0000 36 0665 12, acreditando, mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co núm. 1533 0000 60 0665 12, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalo a este xulgado co anuncio do recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, en audiencia pública do día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación en forma legal a Georgina Natividad Mena Moronta, Dalva de Oliveira, Modesta Mena Moronta, Kelly Cristina Silva Vicente, María Aparecida Ferreira da Silva, Raquel Mira Solla e Dirce Ponte Neres Cunha Rodrigues, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 31 de xullo de 2012

O secretario xudicial