Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 25 de setembro de 2012 Páx. 37231

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (448/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 448/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Salvador Pérez del Rio contra a empresa Televisión de Galicia, S.A., Profeico Atlántico, S.L., Vozdifusión Noticias, S.L., Productora Faro Lérez, S.L., con intervención do Ministerio Fiscal, sobre despedimento, ditouse sentenza cuxo encabezamento e ditame di:

«Sentenza.

Na cidade da Coruña o trinta de xullo de dous mil doce.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 desta cidade, en prórroga de xurisdición, viu os presentes autos de xuízo número 448/2011 seguidos por instancia de Salvador Pérez del Rio, asistido polo letrado Sr. Pena Díez, contra Televisión de Galicia, S.A., asistida pola letrada Sra. Fernández Veiguela, Vozdifusión Noticias, S.L., asistida pola letrada Sra. Regos Concha, Productora Faro Lérez, S.L., que non comparece, e Profeico Atlántico, S.L., que non comparece, con intervención do Ministerio Fiscal, sendo o obxecto da reclamación despedimento.

Decido que, estimando en parte a demanda interposta polo demandante Salvador Pérez del Rio contra Televisión de Galicia, S.A., Vozdifusión Noticias, S.L., Productora Faro Lérez, S.L. e Profeico Atlántico, S.L., debo declarar e declaro a existencia de cesión ilegal entre Vozdifusión Noticias, S.L. e Televisión de Galicia S.A., así como a improcedencia do despedimento e, en consecuencia, debo condenar e condeno os demandados a estar e pasar por tal declaración e a entidade Televisión de Galicia, S.A. a que, no prazo de cinco días, opte entre a readmisión do demandante, nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, como persoal laboral de carácter indefinido, ou lle aboe unha indemnización de 25.441,86 euros máis, en ambos os dous casos, o aboamento dos salarios de tramitación desde a data do cesamento ata a notificación da presente resolución, que ascende a 49,89 euros/día, co desconto, se é o caso, do que se tivese aboado ao demandante como consecuencia da carta de cesamento como indemnización.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días a contar a partir da notificación desta sentenza.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Productora Faro Lérez, S.L., expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de setembro de 2012

A secretaria xudicial