Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 25 de setembro de 2012 Páx. 37229

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (207/2012).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 207/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Cabana Freire contra a empresa Galp Energía España, S.A.U. e outros, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Manuel Cabana Freire, con DNI 32647403-F, contra a empresa Galp Energía España, S.A.U., e cualifico como improcedente o despedimento con data do 25 de xaneiro de 2012, e ante a imposibilidade de readmisión, declaro extinguida a relación laboral do demandante coa empresa demandada, con efectos do día de hoxe, día 13 de agosto de 2012, e condeno a dita entidade a se ater á anterior declaración, así como ao aboamento ao traballador das seguintes cantidades:

Indemnización

Salarios

36.337,69 € (806,25*45,07 €)

9.059,07 € (25.1.2012/13.8.2012)

Que debo absolver e absolvo a Bravío Gest I, S.L. das pretensións deducidas na súa contra.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que non é firme e cabe interpor contra ela recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ao da súa notificación. De ser recorrente, a empresa demandada deberá acreditar, mediante a exhibición ante este xulgado do xustificante acreditativo de que depositou a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 60) na conta deste xulgado. A consignación en metálico poderase substituír por aseguramento mediante aval bancario, no cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista. Tamén deberá acreditar na indicada conta (clave de ingreso 65) a consignación da suma de 300 euros preceptiva para recorrer. Sen este requisito non se considerará anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Bravío Gest I, S.L., na actualidade en ignorado paradoiro, expido e asino esta cédula.

A Coruña, 13 de agosto de 2012

María Blanco Aquino
Secretaria xudicial