Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 25 de setembro de 2012 Páx. 37228

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 1 de xuño de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, polo que se convoca para vinculación temporal por concurso de méritos unha praza de facultativo especialista de área en Análises Clínicas.

O xerente da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG nº 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 15 de xuño de 2009 (DOG nº 119, do 15 de xuño), modificada por Orde do 28 de setembro de 2011, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, resolve anunciar a convocatoria para a vinculación temporal, por concurso de méritos, dunha praza de licenciado sanitario, para a cobertura dun facultativo especialista de área en Análises Clínicas para o laboratorio de área, na Unidade de Xenética.

As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes, que deberán dirixirse á Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, poderán presentarse no Rexistro do CHUAC así como a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 1 de xuño de 2012

Alfredo García Iglesias
Xerente de Xestión Integrada da Coruña

ANEXO
Praza convocada

Especialidade

Nº vinculación

Tipo vinculación

Análises Clínicas

1

Vacante