Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 25 de setembro de 2012 Páx. 37235

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (622/2011).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de oficio autoridade laboral 622/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social contra a empresa Servicios de Hostelería Larín, S.L., sobre procedemento de oficio, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido:

1. Estimo a acción declarativa de relación laboral interposta pola Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social contra a empresa Servicios de Hostelería Larín, S.L., e Tatiana Kamneva, Carla Regina Pazkovski Colaso, Diana Pana, Margareta Luminita Raileanu, Amalia Catalina Adam, Ralitsa Sasheva Slavcheva, Ana María Visán, Valentina Citu, Claudia Cristea, Debora Ribeiro Ruiz, Mariana Alina Caraman, Raluca Anca Ganea, Liliana Aurelia Junchie, Constanta Bratovschi, Florentina Jipa, Pamela Cioboratu, Nicoleta Alexandru, Irina Ancuta Rucsanda, Lenny Infante Olivence, Cristina Aurora Tanasoiu e Claudina Michele de Lima Vasconcelos, e declaro que entre a citada empresa e as citadas codemandadas existía unha relación laboral no tempo da visita da Inspección ao centro de traballo, o 24 de xaneiro de 2011, e coa antigüidade que, de ser o caso, se recolle na acta da inspección por manifestación dos propios traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación.

Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o dereito da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030 1846) a nome deste xulgado co núm. 1533 0000 36 0622 11, acreditando, mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co núm. 1533 0000 60 0622 11, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalo a este xulgado co anuncio do recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a Tatiana Kamneva, Margareta Luminita Raileanu, Amalia Catalina Adam, Ana María Visán, Valentina Citu, Claudia Cristea, Mariana Alina Caraman, Raluca Anca Ganea, Liliana Aurelia Junchie, Constanta Bratovschi, Florentina Jipa, Pamela Cioboratu, Nicoleta Alexandru, Irina Ancuta Rucsanda, Lenny Infante Olivence e a Cristina Aurora Tanasouiu, en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 5 de setembro de 2012

O secretario xudicial