Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 21 de setembro de 2012 Páx. 36932

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1092/2009).

Elena María Varela Luaces, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento número 1092/09, deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Jesús Fernández Lestón, contra a empresa Construcciones Villar Villas, S.L., Mutua Gallega e o INSS, sobre seguridade social, ditouse a seguinte sentenza do 12.7.2012, cuxa parte dispositiva se xunta:

Que estimo a demanda formulada por Manuel Jesús Fernández Lestón fronte á mercantil Construcciones Villar Vilas, S.L., a Mutua Galega e fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social e, en consecuencia, declaro o dereito do demandante a percibir a cantidade de 6.723,59 euros en concepto de prestación por incapacidade temporal, polo período comprendido entre o 29.4.2009 e o 4.11.2009, sobre unha base reguladora de 47,53 euros diarios, declaro a responsabilidade empresarial por infracotización da empresa Construcciones Villar Vilas, S.L., condeno ás demandadas a estar e pasar por tal declaración e a Mutua Galega ao anticipo da prestación na forma fixada, e isto sen prexuízo do seu dereito a repetir contra a empresa demandada, e absolvo o INSS de todos os pedimentos contra el deducidos sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria para o caso de insolvencia da mutua.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe recurso.

Así o acorda, manda e asina, Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado do Social Número 1 de Santiago de Compostela.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Construcciones Villar Villas, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2012

A secretaria xudicial