Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 21 de setembro de 2012 Páx. 36933

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (67/2010).

Elena María Varela Luaces, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento número 67/10, deste xulgado do social, seguido por instancia de José María Rodríguez Lorenzo, contra a empresa Aurelio Moledo Laranga, Maderas Moledo, S.L., Pedro Sartaña Noya, S.L., Maderas Brandía, S.L., Maderas San Xusto, S.L., Ansa Moledo, S.L., e o Fogasa, sobre reclamación de cantidade, ditouse a seguinte resolución do 3.9.2012, cuxa parte dispositiva se xunta:

Que rectifico o erro de transcrición existente no fundamento xurídico primeiro da sentenza, o cal debe quedar redactado do seguinte xeito:

«Os feitos que expresa o punto anterior estímanse acreditados en canto que non foron controvertidos, así como pola proba practicada, concretamente a documental achegada ao xuízo oral pola parte demandante que non foi impugnada.»

Esta resolución é firme e contra ela non cabe recurso ningún, ben que poderá interpoñerse contra a resolución que se rectifica, no modo e forma nela establecidos, desde a notificación ás partes do presente auto.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Maderas San Xusto, S.L., e Maderas Brandía, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2012

A secretaria xudicial