Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 21 de setembro de 2012 Páx. 36926

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (299/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial en funcións do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 299/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de David Ferreiro Valle contra a empresa Rebumbio Tabernas y Restaurantes (representante legal: Antonio González Sampedro) sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Na Coruña o 3 de agosto de 2012.

Vistos por Carmen Sangiao Pereira, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 299/2012 seguidos a instancia de David Ferreiro Valle, representado polo letrado Alberto Castelo Míguez, contra Antonio González Sampedro, que non comparece, sobre despedimento.

Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda e debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que o demandante foi obxecto o 6 de febreiro de 2012 e extinguida a relación laboral que unía as partes desde a data da presente resolución ao cesar na súa actividade a demandada, condeno esta ao aboamento da indemnización por despedimento improcedente, máis ao aboamento dos salarios de tramitación entre a data de despedimento e a presente resolución cuantificados a razón de 42,64 euros diarios.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030 1846) a nome deste xulgado co número 1533 0000 36 0299 12, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533 0000 60 0299 12, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza pola maxistrada que a ditou, achándose realizando audiencia pública no día da data, do que dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Antonio González Sampedro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 20 de agosto de 2012

A secretaria xudicial