Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 21 de setembro de 2012 Páx. 36924

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (201/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de demanda 201/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rosario Arango López contra a empresa Plessmann, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza do 1.8.2012 cuxo encabezamento e decisión din o seguinte:

Asunto 201/2010.

Na cidade da Coruña, 1 de agosto de 2012.

Lara María Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre cantidades, por instancia de Rosario Arango López, que comparece representada pola letrada Sra. Garrido Fernández, contra a empresa Plessmann, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, ditou a seguinte

Decisión:

Que estimando a demanda interposta por Rosario Arango López contra a empresa Plessmann, S.L., e condénoa a que lle aboe a cantidade de tres mil trescentos cincuenta e nove euros e corenta e dous céntimos (3.359,42 €), incrementada co xuro por mora do 10 %.

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado aberta en Banesto; poderase substituír a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, e deberase acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de 300 euros preceptivos para recorrer, sen cuxo cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino.

E para que lle sirva de notificación de forma legal a Plessmann, S.L., en paradoiro descoñecido, expido esta cédula de notificación para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que teñan forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamentos.

A Coruña, 3 de setembro de 2012

A secretaria xudicial