Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 21 de setembro de 2012 Páx. 36922

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (200/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento de demanda 200/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Herminia Canosa López contra a empresa Berta Lamuño Vázquez e o Fogasa, en reclamación por ordinario, se ditou sentenza con data do 1 de agosto de 2012, cuxo encabezamento e resolución din:

«Asunto 200/2010.

Na Coruña, 1 de agosto de 2012.

Lara Mª Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver estes autos sobre cantidades, por instancia de Herminia Canosa López, que comparece representada pola letrada Sra. Garrido Fernández, contra a empresa Berta Lamuño Vázquez e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, ditou o seguinte:

Decido que estimando a demanda interposta por Herminia Canosa López contra a empresa Berta Lamuño Vázquez, condénoa a que lle aboe a cantidade de tres mil cincocentos setenta e cinco euros e oitenta e seis céntimos (3.575,86 euros).

Así mesmo, condeno o Fondo de Garantía Salarial como responsable subsidiario, cos límites fixados no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes, e fágaselles saber que non é firme, e contra ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución. De ser recorrente, a empresa demandada deberá acreditar, mediante a exhibición ante este xulgado, o xustificante acreditativo de que depositou a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto. A consignación en metálico poderase substituír polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista. Tamén se deberá acreditar a consignación na indicada conta da suma de 300 euros preceptiva para recorrer. Sen este cumprimento non se considerará anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Berta Lamuño Vázquez, en paradoiro descoñecido, expido este cédula de notificación para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias deste xulgado, agás as que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamentos.

A Coruña, 3 de setembro de 2012

A secretaria xudicial