Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 21 de setembro de 2012 Páx. 36920

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1012/2009).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 1012/2009 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Torrado Pombo, sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza, cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

«Autos 1012/2009.

Na cidade da Coruña o 2 de abril de 2012.

Lara M. Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre cantidades, por instancia de José Luis Torrado Pombo, que comparece asistido polo letrado Sr. Taibo Monelos, contra a empresa SGR Análisis y Diagnosis, S.L., que non comparece, ditou a seguinte

Decido que, estimando a demanda interposta por José Luis Torrado Pombo, se condena a empresa SGR Análisis y Diagnosis, S.L., a aboar ao demandante a cantidade de catro mil cento setenta e dous euros e sesenta céntimos (4.172,60 €).

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución.

De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado do xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto. A consignación en metálico pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, en que se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, debendo acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de 300 euros preceptiva para recorrer, sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación de forma legal a SGR Análisis y Diagnosis, S.L., en paradoiro descoñecido, expido esta cédula de notificación para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que teñan forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamentos.

A Coruña, 3 de setembro de 2012

A secretaria xudicial