Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 21 de setembro de 2012 Páx. 36918

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (796/2009).

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Secretario: Francisco Javier Gamero López-Peláez.

Tipo e nº de recurso: recurso suplicación 0000796/2009 CG.

Materia: accidente.

Recorrentes: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

Recorridos: Servizo Galego de Saúde, Manuel Fernández Bustelo, Mutua Galega de Accidentes de Traballo, Ricardo Suárez Rivas.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 3 de Vigo, demanda 0000197/2008.

Francisco Javier Gamero López-Peláez, secretario da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dou fe e certifico que no recurso de suplicación núm. 796/2009 CG, seguido por instancia de Mutua Galega de Accidentes de Traballo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Manuel Fernández Bustelo, Ricardo Suárez Rivas e Servizo Galego de Saúde, sobre accidente, se ditou sentenza con data do 11 de xuño de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolvemos que, desestimando o recurso de suplicación formulado polo letrado da Administración da Seguridade Social, na representación do Instituto Nacional da Seguridade Social, contra a sentenza do 29 de maio de 2008, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Vigo, en autos seguidos por instancia da Mutua Galega de Accidentes de Traballo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Servizo Galego de Saúde, Ricardo Suárez Rivas e Manuel Fernández Bustelo, sobre determinación da continxencia accidente de traballo, debemos confirmar e confirmamos na súa integridade a resolución contra a cal se recorreu.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social.

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co disposto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

Para que así conste, para os efectos da súa publicación, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Manuel Fernández Bustelo, con último domicilio coñecido na rúa Barcelona, 17 baixo de Vigo, expido e asino este edicto.

A Coruña, 3 de setembro de 2012

O secretario xudicial