Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 21 de setembro de 2012 Páx. 36917

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2012 pola que se fai pública a adxudicación para a provisión, polo sistema de libre designación, dunha praza desta universidade.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes para participar no proceso selectivo convocado por Resolución do 31 de maio de 2012 (DOG do 21 de xuño) para a provisión, dunha praza mediante o sistema de libre designación.

Esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), e da delegación de competencias operada por Resolución do 16 de xaneiro de 2012, resolve facer pública a adxudicación do referido posto do xeito que se indica:

Nº de posto

Denominación

Centro

Apelidos e nome

Nº de rexistro persoal

09

Letrado/a asesor/a

Secretaría xeral

Castroviejo Ojea, Cristina Julia

3283465135A2060

A persoa interesada deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo (DOG do 25 de marzo).

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses, contados a partir da publicación desta resolución, de acordo co previsto na Lei reguladora da dita xurisdición.

A Coruña, 3 de setembro de 2012

Juan Manuel Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña