Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Venres, 21 de setembro de 2012 Páx. 36928

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1329/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1329/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de José López Esmorís contra a empresa Veirilo y Asociados, S.L., e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte sentenza, cuxa resolución di:

«Que debo estimar e estimo subsidiariamente a demanda que en materia de despedimento formulou José López Esmorís contra a entidade Veirilo y Asociados, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o demandante con data do 18 de novembro de 2011, condenando a entidade Veirilo y Asociados, S.L., no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante nas mesmas condicións que rexían con anterioridade ou o aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 13.514,32 euros, con aboamento, en ambos os casos, dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, que ascenden a 47,41 euros diarios. Con intervención do Fogasa.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que poderán anunciar por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros, do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado, co número 4757 0000, código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por tal cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalo a este xulgado co anuncio do recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o interpor.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicación se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Veirilo y Asociados, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 3 de setembro de 2012

A secretaria xudicial