Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2012 Páx. 36788

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (929/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de Seguridade Social 929/2010 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Mutual Midat Cyclops, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales, contra a empresa Montajes e Instalaciones Coruñesas de la Madera, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre seguridade social, ditouse sentenza cuxo encabezamento e decisión literalmente din:

«Xulgado do Social número 2.

A Coruña.

Materia: Seguridade Social.

Sentenza: 288/2012.

Autos: 929/2010.

Na cidade da Coruña o 4 de abril de 2012

Lara M. Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre seguridade social (responsabilidade do pagamento de prestacións), por instancia da Mutual Midat-Cyclops, que comparece representada polo letrado Sr. Rodero Díaz, e contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, que comparecen representados pola letrada Sra. Guerra Díaz, e a empresa Montajes e Instalaciones Coruñesas de la Madera, S.L., que non comparece, ditou o seguinte

Decido que estimando a demanda interposta pola Mutua Mutual Midat Cyclops contra a empresa Montajes e Instalaciones Coruñesas de la Madera, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, condeno a empresa a que lle reintegre á mutua demandante a cantidade de tres mil trescentos oitenta e oito euros e nove céntimos (3.388,09 €), coa responsabilidade subsidiaria do Instituto Nacional da Seguridade Social e da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, na súa consideración de sucesor do antigo Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo e de Servizo de Reaseguro, respectivamente.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento».

E para que lle sirva de notificación a Montajes e Instalaciones Coruñesas de la Madera, S.L., expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A Coruña, 3 de setembro de 2012

A secretaria xudicial