Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2012 Páx. 36790

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (187/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña fago saber que no proceso seguido por instancia de Martín Nieto Gerpe contra Konstruplus, S.L., administración concursal Konstruplus, S.L., Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co número 187/2010, se ditou sentenza cuxo encabezamento e decisión din:

«Asunto 187/2010.

Na cidade da Coruña, 31 de xullo de 2012.

Lara Mª Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre cantidades, por instancia de Martín Nieto Gerpe, que comparece representado pola letrada Sra. Romero Silva, contra a empresa Konstruplus, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, e a administración concursal da empresa Konstruplus, S.L., ditou a seguinte

Sentenza/decisión que estimando a demanda interposta por Martín Nieto Gerpe contra a empresa Konstruplus, S.L., condénoa a que lle aboe a cantidade de seis mil cincocentos oitenta e catro euros e vinte e nove céntimos (6.584,29 €).

Así mesmo, condeno a administración concursal da empresa Konstruplus, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, cos límites previstos na Lei concursal e no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto; a consignación en metálico poderase substituír polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, e deberase acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de 300 euros preceptivos para recorrer, sen cuxo cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación a Konstruplus, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 3 de setembro de 2012

A secretaria xudicial