Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2012 Páx. 36787

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (121/2012).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela.

Sentenza: 113/2012.

Xuízo verbal 121/2012.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2012.

Sentenza.

Vistos por min, Ana Belén López Otero, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Santiago de Compostela, as presentes actuacións de xuízo verbal tramitadas co número 164/2012, en que interviñeron como demandante a Financiera El Corte Inglés EFC, S.A., representada polo procurador dos tribunais Sr. García Piccoli e asistida polo letrado Sr. Martínez Olivares, e como demandado Francisco Eduardo García Mosquera, en situación de rebeldía procesual, en virtude das seguintes consideracións,

Dispoño considerar a demanda interposta pola Financiera El Corte Inglés EFC, S.A. e, en consecuencia, condénase a Francisco Eduardo García Mosquera a aboarlle á demandante a suma de 3.489,36 euros, todo iso con expresa imposición de custas á demandada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que contra esta cabe interpor recurso de apelación no prazo de vinte días contados desde a súa notificación, para a súa posterior resolución pola Audiencia Provincial, logo de depósito da suma de 50 euros.

Así o acordo, mando e asino».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Francisco Eduardo García Mosquera, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2012

O/a secretario/a xudicial