Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 17 de setembro de 2012 Páx. 36312

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CÉDULA do 3 de setembro de 2012, do Servizo de Turismo de Lugo, pola que se notifica o Acordo de incoación do 31 de maio de 2012 relativo ao expediente sancionador de Lugo LU-9/2012, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao interesado que a seguir se relaciona, o acordo de iniciación do procedemento sancionador en materia de turismo, por infracción administrativa da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia, expediente número LU-9/2012, incoado ao titular do establecemento de café bar denominado Latino, situado na rúa Camiño da Igrexa nº 5 de Moimenta do concello de Cospeito (Lugo), xa que, intentada a notificación polos medios habituais, non se puido practicar.

Noméase instrutor do procedemento a Francisco López Castro e secretaria a Mercedes Campos Casares, funcionarios deste servizo de Turismo, sendo o seu réxime de recusación o previsto nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Segundo o establecido no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o interesado disporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación, para achegar por escrito cantas alegacións, documentos ou informacións consideren convenientes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Conforme o establecido no artigo 13.2 do Real decreto 1398/1993, de non efectuar alegacións no prazo anteriormente indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario poderá poñer fin ao expediente. Para efectualo deberá empregar o impreso normalizado que lle será facilitado no Servizo de Turismo, sito no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia na rolda da Muralla de Lugo.

O órgano competente para a resolución do procedemento é a xefa do Servizo de Turismo en Lugo, segundo o disposto no artígo 119.1.a) da Lei 7/2011, e no Decreto 82/2012, do 23 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia.

O que se lle comunica, de acordo coa normativa antes citada e co establecido no regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Expediente: LU-9/2012.

Denunciado: Manuel Ángel Rodríguez Fontao.

Establecemento: café bar Latino.

Enderezo: Camiño da Igrexa, nº 5. Localidade: Moimenta (Cospeito).

Feitos denunciados: non exhibir lista de prezos ao público e deficiencias na instalación.

Preceptos infrinxidos: artigo 35 alíneas d) e f) da Lei 7/2011.

Tipificación da infracción: artigos 109.2.b) e 109.6 da Lei 7/2011.

Cualificación: leves.

Sanción: 400 €.

Lugo, 3 de setembro de 2012

Paloma Vázquez Fernández
Xefa do Servizo de Turismo de Lugo