Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 13 de setembro de 2012 Páx. 35860

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 12 de setembro de 2012 pola que se establecen os servizos mínimos durante a folga convocada na empresa Tranvías del Ferrol, S.A. para os días 14 e 17 de setembro de 2012.

O exercicio da folga por parte dos traballadores para a lexítima defensa dos seus intereses é un dereito fundamental recoñecido pola Constitución no seu artigo 28.2. O seu respecto e protección resulta esencial para o correcto funcionamento dun estado democrático, no cal se deben garantir todos os mecanismos de expresión da soberanía popular. Non obstante o anterior, o exercicio dese dereito debe cohonestarse co respecto ao resto de dereitos constitucionalmente establecidos e coa garantía de acceso da comunidade aos servizos considerados esenciais.

No sector do transporte, os servizos que se prestan representan un carácter esencial para a cidadanía en canto que supoñen unha ferramenta básica para o exercicio doutros dereitos como os de libre circulación dentro do territorio nacional (artigo 19 da Constitución), á educación (artigo 27) e ao traballo (artigo 35). Desta maneira, a garantía dunha mínima mobilidade da cidadanía durante a xornada de folga convértese nunha demanda do interese xeral que debe ser atendida pola Administración no ámbito das competencias que ten atribuídas.

Os sindicatos Comisións Obreiras (CC.OO.), Unión Xeral de Traballadores (UGT) e Confederación Intersindical Galega (CIG) comunicaron a convocatoria de folga na empresa Tranvías del Ferrol, S.A. para os días 14 e 17 de setembro de 2012. A folga afectará a todos os centros de traballo da empresa e a todos os traballadores, e estenderase entre as 11.00 e as 13.00 horas do día 14 de setembro e as 00.00 e as 24.00 horas do 17 de setembro.

Así pois, a concreción dos servizos mínimos que deben observarse durante as xornadas de folga debe efectuarse, e así se fai nesta orde, tomando en consideración a posible afección que a tipoloxía da convocatoria representa naqueles outros dereitos afectados. Nese sentido, e de conformidade co Decreto 61/1985, do 18 de abril, deben configurarse uns servizos mínimos que permitan compaxinar o dereito á folga dos traballadores co mantemento dos servizos esenciais.

Na súa virtude, por proposta da Dirección Xeral de Mobilidade e oído o Comité de Folga,

DISPOÑO:

Artigo 1. Servizos mínimos do día 14 de setembro

Durante a folga convocada polos sindicatos Comisións Obreiras (CC.OO.), Unión Xeral de Traballadores (UGT) e Confederación Intersindical Galega (CIG) na empresa Tranvías del Ferrol, S.A. entre as 11.00 e as 13.00 horas do día 14 de setembro de 2012 terán a consideración de servizos mínimos os que se relacionan a seguir:

a) Servizos concesionais de transporte público de viaxeiros:

Concesión: V-7053; XG-427.

Porto-Neda.

* Saída do Porto: 18.10 e 18.50 h.

* Saída de Neda: 18.00 e 18.40 h.

Porto-residencia.

* Saída do Porto: 18.20 h.

* Saída da residencia: 18.20 e 18.50 h.

Correos-A Faísca.

* Saída da Faísca: 18.00 e 19.00 h.

* Saída de Correos: 18.30 h.

Canido-A Graña.

* Saída de Canido: 19.00 h.

Correos-Caranza.

* Saída de Correos: 18.10 e 18.40 h.

* Saída de Caranza: 18.00, 18.30 e 19.00 h.

Porto-Caranza-residencia.

* Saída do Porto: 18.15 h.

*Saída da residencia: 18.40 h.

b) Servizos regulares de uso especial para transporte de escolares: manteranse como esenciais os servizos de saída dos centros desde as 17.00 ás 18.30 horas dos itinerarios de transporte escolar de estudantes nos niveis de ensino obrigatorio. Para os servizos de transporte a alumnado de centros de educación especial considéranse esenciais os horarios habituais.

c) Servizos regulares de uso especial para transporte de traballadores: fíxanse como mínimos todos os servizos nas expedicións posteriores ás 18.00 horas.

Artigo 2. Servizos mínimos do día 17 de setembro

Durante a folga convocada polos sindicatos Comisións Obreiras (CC.OO.), Unión Xeral de Traballadores (UGT) e Confederación Intersindical Galega (CIG) na empresa Tranvías del Ferrol, S.A. entre as 00.00 e as 24.00 horas do día 17 de setembro de 2012 terán a consideración de servizos mínimos os que se relacionan a seguir:

a) Servizos concesionais de transporte público de viaxeiros:

Concesión: V-7053; XG-427.

Porto-Neda.

* Saída do Porto: 6.25, 8.30, 10.30, 12.30, 14.30, 16.30, 18.30 e 20.30 h.

* Saída de Neda: 5.50, 7.40, 9.40, 11.40, 13.40, 15.40, 17.40 e 19.40 h.

Porto-residencia.

* Saída do Porto: 6.45, 8.50, 10.50, 12.50, 14.50, 16.50, 18.50 e 20.50 h.

* Saída da residencia: 6.00, 7.50, 9.50, 11.50, 13.50, 15.50, 17.50 e 19.50 h.

Correos-A Faísca.

* Saída da Faísca: 7.00, 8.00, 18.00 e 19.00 h.

* Saída de Correos: 7.30, 8.30, 18.30 e 19.30 h.

Canido-A Graña.

* Saída de Canido: 8.00, 19.00 e 21.00 h.

* Saída da Graña: 8.30, 19.30 e 21.30 h.

Correos-Caranza.

* Saída de Correos: 7.25, 9.10, 10.25, 11.40, 13.55, 15.10, 16.25, 17.40, 18.55, 20.10 e 21.25 h.

* Saída de Caranza: 6.45, 8.15, 9.45, 11.00, 12.15, 14.30, 15.45, 17.00, 18.15, 19.30 e 20.45 h.

Porto-Caranza-residencia.

* Saída do Porto: 8.15, 18.15 e 20.15 h.

* Saída de Caranza: 6.20, 6.55 h.

* Saída da residencia: 18.40 e 20.40 h.

b) Servizos regulares de uso especial para transporte de escolares: manteranse como esenciais os servizos de entrada ao centro desde as 7.30 ata as 10.00 horas e os de saída desde as 13.00 ás 18.30 horas dos itinerarios de transporte escolar de estudantes nos niveis de ensino obrigatorio. Para os servizos de transporte a alumnado de centros de educación especial considéranse esenciais os horarios habituais.

c) Servizos regulares de uso especial para transporte de traballadores: fíxanse como mínimos todos os servizos nas expedicións anteriores ás 9.00 horas e posteriores ás 18.00 horas.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2012

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas