Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 13 de setembro de 2012 Páx. 35864

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 3 de setembro de 2012 pola que se autoriza o cambio de denominación do Instituto de Educación Secundaria de Palas de Rei, na provincia de Lugo.

De conformidade co previsto no artigo 3.1 e 2 do Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria, aprobado polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto), por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DispOÑO:

Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:

Provincia: Lugo.

Concello: Palas de Rei.

Código: 27016352.

Denominación anterior: Instituto de Educación Secundaria de Palas de Rei.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria do Camiño.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2012

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria