Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 13 de setembro de 2012 Páx. 35859

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 916/2011, interposto por Ignacia María Alonso González e María Soledad Bollo Mesías.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 916/2011, interposto por Ignacia María Alonso González e María Soledad Bollo Mesías, contra a Resolución do 23 de setembro de 2011 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 22 de setembro de 2011 que aproba a relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia (DOG nº 187, do 29 de setembro).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, a contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2012

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública