A Dirección Xeral da Función Pública recibiu, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 616/2011, interposto por Manuel Antonio García Tasende, Consuelo Alende García, Luísa María Juncal Caldas, Rafael Bañón Díaz, Fernando Antonio Quintero Fernández, José Manuel Campelos Álvarez, Jorge Ribó Landín, Asunción Gancedo Baranda, Fabio Lamas Rodríguez, contra a Resolución do 11 de abril de 2011 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 10 de marzo de 2011, que aproba a relación de postos de traballo da Consellería do Mar (DOG nº 78, do 20 de abril).
En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2012
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública