Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 7 de setembro de 2012 Páx. 35563

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (12/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial en substitución regulamentaria do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento número 12/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Gustavo Ferreiro Pérez contra a empresa A 10 Ideas Espacio Arquitecturas Designer, S.L., sobre resolución de contrato e despedimento, ditouse con data do 2 de agosto de 2012 a seguinte sentenza, cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

«Vistos por Mª del Carmen Barcala Barreiro, xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 dos de Santiago de Compostela, os presentes autos rexistrados co número indicado, promovidos por instancia de Gustavo Ferreirao Pérez, asistido polo letrado Sr. Blanco Lobeiras, fronte a A 10 Ideas Espacio Arquitecturas Designer, S.L., que non compareceu malia constar debidamente citada, dítase a presente sentenza sobre a base dos seguintes

Decido que estimo parcialmente a demanda interposta por Gustavo Ferreirao Pérez fronte a A 10 Ideas Espacio Arquitecturas Designer, S.L. e, en consecuencia, declaro extinguida a relación laboral a día de hoxe (2.8.2012), condeno a mercantil demandada a que aboe ao demandante a cantidade de 3.512,69 euros en concepto de indemnización, así como o seu dereito a percibir, en concepto de salarios, a cantidade de 30.386,40 euros, e condeno a demandada a estar e pasar por esta declaración.

Notifíquese a presente resolución á parte demandante e á empresa demandada por medio de edicto que se fixará no taboleiro de anuncios deste xulgado e remitirase para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Advírteselle á empresa demandada que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na conta de consignacións deste xulgado o importe da condena (clave 60) ou aval bancario solidario e 300 euros en concepto de depósito (clave 65), sen cuxo requisito non será admitido a trámite o recurso, e quedará firme a sentenza».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2012

A secretaria xudicial