Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 7 de setembro de 2012 Páx. 35561

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2125/2009 PM).

Nas actuacións de recurso de suplicación a que se refire o encabezamento, seguidas na Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dimanantes dos autos número 659/2008 do Xulgado do Social número 1 da Coruña, promovidos por Clara España Moreira contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Lámparas Rafael Tormo, S.L., Umivale Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social nº 15,  sobre accidente, con data do 9 de febreiro de 2009 se ditou a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que, desestimando o recurso de suplicación formulado pola demandante Clara España Moreira, contra a sentenza do 9 de febreiro de 2009, ditada polo Xulgado do Social número 1 da Coruña, en autos número 659/2008, en proceso sobre continxencia de incapacidade temporal, promovido pola citada recorrente fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a mutua Umivale, e fronte á tamén demandada empresa Lámparas Rafael Tormo, S.L., debemos confirmar e confirmamos integramente esa sentenza.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Lámparas Rafael Tormo, S.L., con último domicilio coñecido no Burgo, A Coruña, expido e asino este edicto.

A Coruña, 31 de xullo de 2012

A secretaria xudicial