Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 7 de setembro de 2012 Páx. 35559

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Economía e Industria

ORDE do 29 de agosto de 2012 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes nesta consellería.

Convocada pola Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 138, do 19 de xullo) a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Economía e Industria, esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 17.4º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e de conformidade co disposto no seu artigo 29.2º,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Economía e Industria, anunciados pola Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 138, do 19 de xullo).

Segundo. Adxudicarlles destino, nos postos de traballo que se indican, aos/ás funcionarios/as que se relacionan no anexo á presente orde.

Terceiro. O cesamento no actual destino dos/as funcionarios/as que obtiveron praza producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión da praza adxudicada deberá realizarse no prazo dos tres días seguintes ao do cesamento, se se trata da mesma localidade en que presta os seus servizos o/a funcionario/a, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e o disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se lle concedesen á persoa; no caso de incapacidade temporal, a partir da data de alta.

Cuarto. O centro onde cause alta o/a funcionario/a, realizará a dilixencia de toma de posesión dentro dos prazos reflictidos no punto anterior.

Quinto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2012

Javier Guerra Fernández
Conselleiro de Economía e Industria

ANEXO

Apelidos e nome: Nogueiras Nieto, Tomás.

NRP: 5311339346 A2064.

Subgrupo: A1.

Denominación do posto: subdirector xeral de Enerxía.

Código do posto: IN.C05.00.002.15770.001.

Nivel: 30.

Dependencia: Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Baños Fojo, Ricardo Miguel.

NRP: 3327821557 A2064.

Subgrupo: A1.

Denominación do posto: subdirector xeral de Administración Industrial.

Código do posto: IN.C05.00.001.15770.001.

Nivel: 30.

Dependencia: Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Localidade: Santiago de Compostela.