Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 7 de setembro de 2012 Páx. 35565

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (731/2011).

Elena María Varela Luaces, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 731/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sandra Arcos Suárez contra a empresa A 10 Ideas Espacio Arquitecturas Designer, S.L., e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución de 17.7.2012, cuxa parte dispositiva se achega:

Que rectifico o erro material que contén a parte dispositiva da sentenza, en canto a que esta di:

«Que estimo a demanda interposta por Sandra Arcos Suárez fronte á mercantil A 10 Ideas Espacio Arquitecturas Designer, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e, en consecuencia, declaro improcedente o despedimento da demandante efectuado con efectos do 21.9.2011, así mesmo declaro extinguida a relación laboral existente entre Sandra Arcos Suárez e a mercantil A 10 Ideas Espacio Arquitecturas Designer, S.L., e condeno a mercantil A 10 Ideas Espacio Arquitecturas Designer, S.L. a aboar á demandante a cantidade de 149,81 euros, en concepto de indemnización, así como a aboar a cantidade de 12.669,47 euros, en concepto de salarios de tramitación (calculados desde o día seguinte ao do despedimento e ata a presente resolución), así como os que se perciban ata a súa notificación a razón de 57,07 euros diarios.

Que debe quedar redactada da seguinte forma:

Que estimo a demanda interposta por Sandra Arcos Suárez fronte á mercantil A 10 Ideas Espacio Arquitecturas Designer, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e, en consecuencia, declaro improcedente o despedimento da demandante efectuado con efectos do 21.9.2011, así mesmo declaro extinguida a relación laboral existente entre Sandra Arcos Suárez e a mercantil A 10 Ideas Espacio Arquitecturas Designer, S.L., e condeno a mercantil A 10 Ideas Espacio Arquitecturas Designer, S.L. a aboar á demandante a cantidade de 1.793,99 euros, en concepto de indemnización, así como a aboar a cantidade de 14.666,99 euros, en concepto de salarios de tramitación (calculados desde o día seguinte ao do despedimento e ata a presente resolución), así como os que se perciban ata a súa notificación a razón de 57,07 euros diarios.

Esta resolución é firme e contra ela non cabe recurso ningún, ben que poderá interpoñerse contra a resolución que se rectifica, no modo e forma nesta establecidos, desde a notificación ás partes do presente auto.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2012

A secretaria xudicial