Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 7 de setembro de 2012 Páx. 35567

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación para a contratación, como contrato administrativo especial, da instalación, xestión e explotación de máquinas expendedoras de bebidas quentes, frías e de produtos sólidos nos edificios xudiciais da Xunta de Galicia.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

2. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, edificio nº 1, 2º andar.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4. Teléfonos: información de índole técnica: 981 54 62 29 e información de índole administrativa: 981 54 45 17 e 981 95 73 49.

5. Telefax: 981 54 42 39.

6. Correo electrónico: maria.blanco.aller@xunta.es; rafael.isaac.juanatey.mayan@xunta.es; manuel.perez.gonzalez@xunta.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17838

8. Data límite de obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

d) Número do expediente: SECON 01-EM.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo especial.

b) Descrición: instalación, xestión e explotación de máquinas expendedoras de bebidas quentes, frías e de produtos sólidos nos edificios xudiciais da Xunta de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes/Número de unidades: non leva lotes.

d) Lugar de execución: os indicado nos anexos I e II do prego de prescricións técnicas.

e) Prazo de execución: dous (2) anos desde o día seguinte ao da sinatura do contrato.

f) Admisión de prórroga: si, por un prazo máximo igual ao do contrato.

g) CPV: 55400000-4 Servizos de subministración de bebidas.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos no número 9 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

4. Valor estimado do canon: 144.000,00 €, incluídas as posibles prórrogas.

5. Orzamento base do canon: 72.000,00 €, desagregado por anualidades do seguinte xeito:

Ano 2012: 9.000,00 €.

Ano 2013: 36.000,00 €.

Ano 2014: 27.000,00 €.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5% do importe do canon de adxudicación. No caso de canon desproporcionado terá que constituírse unha garantía do 10% do importe do canon de adxudicación.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados no número 5 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

b) Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados no número 6 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG e rematará o décimo quinto día natural, ás 14.00 horas, agás que o último día fose inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na letra c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama, fax ou burofax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación: Santiago de Compostela.

1. Dependencia: Oficina de Rexistro Único e Información do Complexo Administrativo San Caetano.

2. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data da apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Lugar: Subdirección Xeral de Xestión Económico-Administrativa da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dirección: edificio administrativo San Caetano, bloque 1, 2º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: terá lugar o acto público ás 12.00 horas do décimo día natural seguinte ao da data de remate do prazo de presentación das proposicións; de coincidir en sábado ou inhábil, trasladarase ao primeiro día hábil seguinte.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2012

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza