Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 7 de setembro de 2012 Páx. 35571

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do contrato de subministración que se indica.

Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de subministración:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: SUSE 03 - PL.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17349

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva, por prezos unitarios, de combustible de automoción, gasolinas e gasóleo de automoción clase A, a través de tarxetas con soporte magnético, dos vehículos de varios departamentos da Xunta de Galicia

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) CPV: 09132000-3 Gasolina. 09134100-8 Gasoil.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE); Boletín Oficial del Estado (BOE) e Diario Oficial de Galicia (DOG).

f) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOUE: 4.4.2012.

BOE: 18.4.2012.

DOG: 30.4.2012.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto. Multicriterio.

4. Valor estimado do contrato: 1.236.027,12 € (IVE excluído), valor inicial do contrato máis posibles modificacións.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 1.123.661,02 €.

Importe total: 1.325.920,00 €, desagregado por anualidades do seguinte xeito:

Ano 2012: 800.107,00 €.

Ano 2013: 525.813,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 21 de xuño de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 31 de xullo de 2012.

c) Contratista: Solred, S.A.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 1.123.661,02 €.

Importe total: 1.325.920,00 €, desagregado por anualidades reaxustadas do seguinte xeito:

Ano 2012: 543.538,43 €.

Ano 2013: 782.381,57 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa tanto polos descontos ofertados nos combustibles (gasolina e gasóleo) como polo gran número de estacións de servizo de que dispón o adxudicatario a maiores do número exixido no prego de prescricións técnicas.

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2012

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza