Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 28 de agosto de 2012 Páx. 34429

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1356/2009-CON).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1356/2009-CON.

Materia: accidente.

Recorrente: Mutua Asepeyo.

Entidades contra as que se recorre: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Servizo Galego de Saúde, Ábside Recursos Humanos ETT, S.A., Marina Isabel Insua Ramil.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 4 da Coruña, demanda 30/2007.

Secretaría: María Asunción Barrio Calle.

Nas actuacións: recurso de suplicación número 1356/2009-CON a que se refire o encabezamento, seguidas perante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dimanantes dos autos número 30/2007 do Xulgado do Social número 4 da Coruña promovidos por Mutua Asepeyo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, o Servizo Galego de Saúde, Ábside Recursos Humanos ETT, S.A., Marina Isabel Insua Ramil, sobre accidente, o 3 de xullo de 2012 ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da Mutua Asepeyo, contra a sentenza do trinta e un de outubro do ano dous mil oito, ditada polo Xulgado do Social número 4 dos da Coruña, en proceso promovido pola mutua recorrente fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Marina Isabel Insua Ramil, o Servizo Galego de Saúde e a empresa Ábside Recursos Humanos ETT, S.A., debemos confirmar e confirmamos a sentenza obxecto de recurso.

De acordo co disposto na Lei de procedemento laboral, debe darse o destino legal aos depósitos e consignacións para impugnar efectuados pola mutua recorrente que, conforme o artigo 233.1 da Lei de procedemento laboral, debe aboar os honorarios do letrado da demandada-impugnante do seu recurso por importe de trescentos euros (300 euros).

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no Banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Ábside Recursos Humanos ETT, S.A., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 31 de xullo de 2012

A secretaria xudicial