Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 28 de agosto de 2012 Páx. 34431

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Ponteareas

SENTENZA (autos número 744/2009).

En Ponteareas o 2 de decembro de 2010.

Vistos por min, Miguel Seijo Espiño, xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Ponteareas, os presentes autos número 744/2009, sobre resolución de contrato e reclamación de cantidade, seguidos polos trámites do xuízo ordinario, entre as seguintes partes:

Demandante: Gumersindo Eiras Pazo. Procuradora: Sra. López Botana. Avogada: Sra. Díaz Alonso.

Demandada: Leonor Asensi Díaz. En situación de rebeldía procesual.

Procede ditar esta sentenza sobre a base da seguinte resolución:

«Que admito a demanda interposta pola procuradora Sra. López Botana, en nome e representación de Gumersindo Eiras Pazo, e dispoño:

– Declaro resolto o contrato de préstamo realizado entre as partes realizado o día 23 de decembro de 2008.

– Condeno a Leonor Asensi Díaz a que lle restitúa a Gumersindo Eiras Pazo a cantidade de oito mil euros (8.000) que foi o obxecto do contrato, así como ao pagamento do xuro pactado nel, ao tipo do 7 %, o cal se entenderá percibido, respecto de cada prazo do préstamo, desde o vencemento e incumprimento pola demandada da obriga do seu pagamento.

– Condeno a Leonor Asensi Díaz ao pagamento das custas causadas nesta instancia.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas deste xulgado e déixese no procedemento testemuño bastante».

Notifíquese esta resolución ás partes, fágaselles saber que esta non é firme, e que contra ela cabe interpor recurso de apelación, o cal deberá prepararse ante este xulgado no prazo de cinco días contado desde a súa notificación.

De conformidade coas previsións da disposición adicional 15ª da LO 6/1985, do poder xudicial, introducida pola LO 1/2009, a interposición dun eventual recurso de apelación exixirá, como presuposto previo a esta, que o recorrente consigne xudicialmente un depósito de 50 euros. Tal depósito deberá realizarse na conta do xulgado correspondente a este procedemento, con indicación no recadro «Concepto» do xustificante de ingreso bancario coa palabra «recurso».

Así, ditada esta sentenza, pronúnciao, mándao e asínao Miguel Seijo Espiño, xuíz titular deste xulgado.