Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 28 de agosto de 2012 Páx. 34427

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2878-2009 JS).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2878/2009 JS.

Materia: reclamación de cantidade.

Recorrente: María Dolores Castro Ordóñez.

Entidades contra as que se recorre: Pimentón, S.L., Pizza Italia 7, S.L.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 3 da Coruña, demanda 733/2007.

Nas actuacións: recurso de suplicación número 2878/2009 JS a que se refire o encabezamento, seguidas perante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dimanantes dos autos número 733/2007 do Xulgado do Social número 3 da Coruña promovidos por María Dolores Castro Ordóñez contra Pimentón, S.L. e Pizza Italia 7, S.L., sobre reclamación de cantidade, o 19 de xullo de 2012 ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Decidimos que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola demandante Dolores Castro Ordóñez, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 desta capital, nestes autos sobre reclamación de cantidade tramitados por instancia da recorrente fronte á empresa Pizza Italia 7, S.L., debemos confirmar e confirmamos a dita sentenza.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Pizza Italia 7, S.L., cuxo domicilio na actualidade se ignora, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 31 de xullo de 2012

A secretaria xudicial