Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 24 de agosto de 2012 Páx. 33891

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (358/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 358/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Germán Fernández Roldán contra a empresa Pavimentos Compavi, S.L., sobre despedimento, ditouse sentenza, cuxo ditame di:

«1º. Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por José Germán Fernández Roldán contra a empresa Pavimentos Compavi, S.L., e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que o demandante foi obxecto o 17 de febreiro de 2012, declarando extinguida a relación laboral que unía as partes en data da presente resolución e, en consecuencia, condeno a demandada, Pavimentos Compavi, S.L., a aboar ao demandante unha indemnización por despedimento a razón de 2.223,72 euros.

2º. Todo iso con absolución do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá este sen a consignación previa do importe da condena que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229 da LPL. Ambos os dous ingresos deberán efectuarse por separado na mesma conta corrente antes indicada, podendo substituír a empresa o importe da consignación pola constitución á disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Pavimentos Compavi, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 31 de xullo de 2012

A secretaria xudicial