Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 24 de agosto de 2012 Páx. 33890

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (954/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 954/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Manuel Núñez Delgado contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Umivale e Medical Service Integral Ligistc, S.L., sobre seguridade social, ditouse a seguinte resolución:

«Decido que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Juan Manuel Núñez Delgado contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Umivale e a empresa Medical Service Integral Logistc, S.L., e, en consecuencia, debo absolver e absolvo as entidades demandadas das pretensións contra elas articuladas.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a notificación desta sentenza, por comparecencia ou por escrito, pasados os cales quedará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese á destinataria, Medical Service Integral Logistc, S.L., que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de xullo de 2012

A secretaria xudicial