Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 24 de agosto de 2012 Páx. 33888

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (482/2012).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 482/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Fidalgo García contra a empresa Promoción de Viviendas Elyte, S.L., e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda formulada por José Fidalgo García, con DNI 76305054-R, contra a empresa Promoción de Viviendas Elyte, S.L., e cualifico como improcedente o despedimento do 29.3.2012, e ante a imposibilidade de readmisión, declaro extinguida a relación laboral do demandante coa empresa demandada, con efectos de data de hoxe, día 27.7.2012, e condeno a devandita empresa a estar e pasar por tal declaración, e a que lle aboe ao traballador a suma de 1.838,46 euros, en concepto de indemnización polo despedimento.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación, que deberá anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días desde a notificación da presente sentenza, por comparecencia, ou por escrito das partes, o seu avogado ou o seu representante legal, designando o letrado que deberá interpoñelo, sendo posible o anuncio por mera manifestación daquela ao ser notificada, e que será resolto, se é o caso e cumprimentos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, así mesmo, acreditar ao anunciar o recurso ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, aberta en Banesto, conta nº 1531, clave 60, podendo substituírse por aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 300 euros na conta nº 1531, clave 34, e en calidade de depósito e en impreso separado do do importe da condena.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Promoción de Viviendas Elyte, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 31 de xullo de 2012

A secretaria xudicial