Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 24 de agosto de 2012 Páx. 33887

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1775-2009 VV).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1775/2009 VV.

Materia: reintegro de prestacións.

Recorrente: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo. Ldo. Monteoliva.

Persoa contra a que se recorre: Enrique Domínguez Rodríguez.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 2 de Vigo, demanda 901/2008.

Secretaria: María Asunción Barrio Calle.

Nas actuacións: demanda/recurso de suplicación número 1775/2009 a que se refire o encabezamento, seguidas perante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 901/2008 do Xulgado do Social número 2 de Vigo promovidos pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Enrique Domínguez Rodríguez, sobre reintegro de prestacións, o 16 de xullo de 2012 ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Decidimos que debemos desestimar e desestimamos o recurso interposto pola Mutua Gallega contra a Sentenza do 4 de febreiro de 2009 ditada polo Xulgado do Social número 2 dos de Vigo, en proceso sobre reintegro de prestacións iniciado por instancia da mutua recorrente contra Enrique Domínguez Rodríguez e, en tal sentido, debemos confirmar e confirmamos a sentenza impugnada.

Advírtese á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Enrique Domínguez Rodríguez, con último domicilio coñecido na rúa dos Marzos, Beade, 12, Vigo, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 16 de xullo de 2012

A secretaria xudicial