Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 22 de agosto de 2012 Páx. 33632

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (267/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 267/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Penélope Fernández Sánchez, sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxo ditame di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que, en materia de cantidade, foi interposta por Mª Penélope Fernández Sánchez contra a empresa Nueva Despensa, S.L., e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a que aboe á demandante a suma de 2.284,21 euros polos conceptos expostos no fundamento xurídico primeiro desta resolución, incrementada co xuro do 10 % por demora aplicable aos conceptos salariais.

Con intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Nueva Despensa, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 31 de xullo de 2012

A secretaria xudicial