Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 22 de agosto de 2012 Páx. 33630

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (recurso de suplicación 2872/2009-GA).

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Sala do Social-Secretaría M. Socorro Bazarra Varela.

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 2872/2009-GA.

Materia: accidente.

Recorrente: Ángel Miguel Pío Loureiro.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Montajes y Señalización Galicia, S.L., Mutua Intercomarcal, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social nº 39.

Xulgado de orixe/autos: Xulgado do Social número 1 de Vigo. Demanda 823/2008.

Eu, Mª Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na Coruña, fago saber que nas actuacións de recurso de suplicación número 2872/2009-GA a que se refire o encabezamento, seguidas ante a sala do social deste tribunal superior de xustiza, dimanantes dos autos número 823/2008 do Xulgado do Social número 1 de Vigo, promovidos por Ángel Miguel Pío Loureiro contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Montajes y Señalización Galicia, S.L. e a Mutua Intercomarcal, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social nº 39, sobre accidente, con data do vinte e seis de xullo de dous mil doce ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Resolvemos que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de Ángel Miguel Pío Loureiro contra a sentenza do dezaseis de abril de dous mil nove, ditada polo Xulgado do Social número 1 dos de Vigo, en proceso promovido polo recorrente contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Intercomarcal e a empresa Montajes y Señalización Galicia, S.L., debemos confirmar e confirmamos a sentenza impugnada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para interpor recurso, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez que sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Montajes y Señalización Galicia, S.L., actualmente en ignorado paradoiro, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou de se tratar de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 26 de xullo de 2012

A secretaria xudicial