Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 22 de agosto de 2012 Páx. 33633

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (349/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 349/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana María Pozo Peña contra a empresa María Manuela García Fraga, sobre despedimento, se ditou sentenza, cuxo ditame di:

«1º. Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Ana María Pozo Peña contra a empresa María Manuela García Fraga, e, en consecuencia, debo declarar e declaro nulo o despedimento de que a traballadora foi obxecto o 22 de febreiro de 2012 e condeno a entidade demandada á inmediata readmisión da traballadora, con aboamento, se é o caso, dos salarios deixados de percibir a razón de 27,05 euros diarios.

2º. Que debo admitir e admito parcialmente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Ana María Pozo Peña, contra a empresa María Manuela García Fraga, e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade demandada a que aboe á demandante a cantidade de 1.230,95 euros brutos, polos conceptos detallados no fundamento xurídico segundo da presente resolución.

Con intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá sen a consignación previa do importe da condena, que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229 da LPL. Ambos os dous ingresos deberán efectuarse por separado na mesma conta corrente antes indicada, podendo substituír a empresa o importe da consignación pola constitución á disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista. Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa María Manuela García Fraga, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 31 de xullo de 2012

A secretaria xudicial