Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 21 de agosto de 2012 Páx. 33386

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (159/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que por proposta de providencia ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Tania Rodríguez Silva contra Fogasa, Saco y Germade, S.C., empresa Elena Sánchez Castro, en reclamación por ordinario, rexistrado co número 159/2010, se acordou notificar sentenza á empresa Elena Sánchez Castro, en ignorado paradoiro, cuxo encabezamento e resolución son os seguintes:

«Sentenza 580/2012.

Asunto 159/2010.

Na Coruña, 19 de xullo de 2012.

Lara Mª Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver estes autos sobre cantidade, por instancia de Tania Rodríguez Silva, que comparece representada polo letrado Sr. López Mosteiro, contra as empresas Saco y Germade, S.C. e Elena Sánchez Castro e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, ditou a seguinte sentenza:

Que estimando a demanda interposta por Tania Rodríguez Silva contra as empresas Saco y Germade, S.C. e Elena Sánchez Castro, condeno:

a) A empresa Elena Sánchez Castro a que lle aboe a cantidade de dous mil novecentos corenta euros con corenta céntimos (2.940,40 €), incrementada co xuro por mora do 10 %; y

b) Solidariamente as empresas Saco y Germade, S.C. e Elena Sánchez Castro a que lle aboen a cantidade de cincocentos cincuenta e cinco euros e corenta e oito céntimos (555,48 €), incrementada co xuro por mora do 10 %.

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme, e contra ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución. De ser recorrente, a empresa demandada deberá acreditar, mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de que depositou a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto. A consignación en metálico poderase substituír polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista. Tamén se deberá acreditar a consignación na indicada conta da suma de 300 euros preceptiva para recorrer. Sen este cumprimento non se considerará anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias deste xulgado, agás as que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamentos.

E para que lle sirva de notificación á empresa Elena Sánchez Castro, expido este edicto para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 27 de xullo de 2012

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial