Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 21 de agosto de 2012 Páx. 33384

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (205/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que por proposta de providencia ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Construcciones Doyfra, S.L., Aplicaciones Especiales de Resinas Soleras y Aislamientos, S.L. AERSA, Construcciones Otero Laxe, S.L., Interiores Cabeza, S.L., J.M. López Regueiro, V.L. López Regueiro, S.L. e Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co número 205/2010, se acordou notificar sentenza a Aplicaciones Especiales de Resinas Soleras y Aislamientos, S.L. AERSA, en ignorado paradoiro, cuxo encabezamento e resolución son os seguintes:

«Sentenza 575/2012.

Asunto 205/2010.

Na Coruña, 16 de xullo de 2012.

Lara Mª Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver estes autos sobre cantidades, por instancia da Fundación Laboral de la Construcción, que comparece representada polo letrado Sr. Vilanova da Costa, contra as empresas J.M. López Regueiro, V.L. López Regueiro, S.L., Construcciones Doyfra, S.L., Aplicaciones Especiales de Resinas Soleras y Aislamientos, S.L., Construcciones Otero Laxe, S.L., Interiores Cabeza, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, ditou a seguinte sentenza.

Decido que estimando a demanda interposta por Fundación Laboral de la Construcción contra as empresas J.M. López Regueiro, V.L. López Regueiro, S.L., Construcciones Doyfra, S.L., Aplicaciones Especiales de Resinas Soleras y Aislamientos, S.L., Construcciones Otero Laxe, S.L, Interiores Cabeza, S.L., condénoas a que aboen as cantidades seguintes:

J.M. López Regueiro, V.L. López Regueiro, S.L.

697,04 euros

Construcciones Doyfra, S.L.

443,38 euros

Aplicaciones Especiales de Resinas Soleras y Aislamientos, S.L.

289,61 euros

Construcciones Otero Laxe, S.L.

238,91 euros

Interiores Cabeza, S.L.

248,26 euros

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que é firme.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias deste xulgado, agás as que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamentos.

E para que lle sirva de notificación a Aplicaciones Especiales de Resinas Soleras y Aislamientos, S.L. AERSA, expido este edicto para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 27 de xullo de 2012

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial