Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 21 de agosto de 2012 Páx. 33382

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Betanzos

EDICTO (520/2009).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Betanzos, 25 de xuño de 2012.

Vistos por M. de Luna Taboada Martínez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 desta cidade, os presentes autos do xuízo ordinario 520/2009, seguidos por instancia de Terrenos Piadela, S.L., representado polo Sr. Pedreira del Río, baixo a asistencia letrada do Sr. Mosquera Pérez, contra Mª Josefa Díaz García, en situación de rebeldía procesual.

Decisión:

Estímase integramente a demanda presentada polo procurador Sr. Pedreira del Río en nome e representación invocada e, en consecuencia, declárase o dereito de propiedade da entidade Terrenos Piadela, S.L. da participación indivisa do 30,20 % (272,75 unidades de aproveitamento) do predio de resultado número 15, parcela industrial de forma trapezoidal situada na Ordenanza 1 do Plan parcial da unidade de execución 3 do Polígono Industrial de Piadela, uso industrial I-17; superficie mil douscentos noventa metros cadrados. Linda: norte, parcela 14; sur, parcela 16; leste, vía 3 e oeste, estrada Montellos-Cortiñán. Edificabilidade: novecentos tres. Cota de urbanización: dous con cero catro por cento e que está inscrita no Rexistro da Propiedade de Betanzos no tomo 1968, libro 343, folio 27, predio número 24.557. E procede a cancelación dos asentos do Rexistro da Propiedade de Betanzos contraditorios con este pronunciamento, e a inscrición do dominio da participación indivisa do 30,20 % (272,75 unidades de aproveitamento) do terreo descrito a favor da entidade Terrenos Piadela, S.L. Con imposición de custas á demandada.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe recurso de apelación que, se é o caso, deberá interporse ante este mesmo xulgado dentro dos vinte días seguintes a aquel en que se notifique esta resolución. Para a interposición do dito recurso é necesaria a constitución de depósito na conta de depósitos e consignacións do xulgado de acordo co establecido na disposición adicional décimo quinta da LOPX e polo importe de 50 €, o que deberá ser acreditado coa presentación do recurso.

Así o acorda, manda e asina, M. de Luna Taboada Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Betanzos».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de María Josefa Díaz García, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación en forma á demandada.

Betanzos, 25 de xuño de 2012

O/a secretario/a