Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 21 de agosto de 2012 Páx. 33381

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (1202/2010-A).

Sarai Paniagua Acera, secretaria xudicial do Xulgado de Primera Instancia número 5 de Vigo, polo presente anuncio:

Neste procedemento seguido por instancia de José Antonio Cerqueira Domínguez fronte a Fernanda Sobrino Cal ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Vigo, quince de marzo de dous mil doce. María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia), viu os autos seguidos neste xulgado baixo número 1202/2010 sobre modificación de medidas, por instancia de José Antonio Cerqueira Domínguez, como demandante, representado pola procuradora dos tribunais María Carmen Vázquez Cueto e baixo a asistencia letrada de Socorro Villalba López, contra Fernanda Sobrino Cal, como demandada, declarada en situación de rebeldía procesual e no cal interveu o Ministerio Fiscal, sobre a base dos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decido que na demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Vázquez Cueto, en nome e representación de José Antonio Cerqueira Domínguez contra Fernanda Sobrino Cal, declarada en situación de rebeldía procesual, e no cal interveu o Ministerio Fiscal, estimo parcialmente esta, e acordo a redución da pensión de alimentos que o Sr. Cerqueira Domínguez debe satisfacer a favor dos seus fillos a cantidade de 90 euros mensuais, e que deberá ingresar na conta que para o efecto designe a proxenitora dentro dos cinco primeiros días de cada mes e que se actualizará anualmente conforme a variación que experimente o índice de prezos de consumo.

Non se fai especial pronunciamento en canto ás custas».

E encontrándose a dita demandada, Fernanda Sobrino Cal, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a esta.

Vigo, 30 de xullo de 2012

A secretaria xudicial